Noticias
20 de xuño de 2018
Tai e Sofía non defenderán a camisola laranxa a vindeira tempada
A brasileira Taiane Menezes e a ribadense Sofía Vázquez non defenderán a camisola laranxa a vindeira tempada.

A ala canarinha estreouse na liga española en 2017-18 co Pescados Rubén Burela FS, nun exercicio no que deu mostras da súa calidade e desequilibrio no un contra un, aínda que tamén estivo moi condicionada polas lesións. A novísima Xoia Sofía despídese da escuadra mariñá despois de dúas tempadas de formación e crecemento.

“Agradecemos a dedicación de ambas as xogadoras durante a súa estancia en Burela. Estamos seguros de que teñen un futuro prometedor no seu próximo destino” explicaba o presidente, Manuel Blanco.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores