Noticias
16 de xuño de 2018
O Pescados Rubén sela o gol de Cilene para 2018-19
Cilene Pereira Paranhos seguirá a próxima tempada na Mariña. A pichichi laranxa e o Pescados Rubén Burela FS chegaron a un acordo para a continuidade da 6 laranxa en 2018-19.

Esta será a terceira campaña da peche brasileira, de 33 anos, no club, logo de clausurar 2017-18 como a máxima artilleira do conxunto, con 29 dianas, e a segunda de Primeira División RFEF, e sendo ademáis recoñecida como a Mellor Xogadora co Trofeo Viceroy, de Kessarys Joyeros.

“Cilene é unha gran garantía para o proxecto burelista, con experiencia, calidade e finalización. Aclimatouse á perfección ao equipo e ao fútbol sala español na súa primeira tempada e este ano demostrou que o seu carisma e liderado son esenciais para o Pescados Rubén” aplaudía o presidente, Manuel Blanco, con estas palabras a renovación da brasileira.


Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores