Noticias
24 de marzo de 2018
Carrusel de goles en Puertollano con gran triunfo laranxa (3-6)
Visita das Seleccións Galegas de Base do Nacional CNFS
O Pescados Rubén Burela FS deu un gran paso esta tarde na súa pelexa de play off ante un rival directo como Puertollano (3-6), con tres puntos que lle outorgan a cuarta praza (45 puntos), empatado con Antequera. “Foi un partido durísimo ante un rival completo e moi ordenado. Con estes tres puntos recuperamos as boas sensacións fóra da casa grazas a un gran traballo de todo o equipo, manténdonos fieis á formulación de inicio” declaraba o técnico Juanma Marrube, tras unha cita na que os galegos conseguiron levar sempre a batuta no electrónico cunha recta final emocionante.

Nuns compases iniciais moi igualados entre dous equipos con boa presión e querendo ter a pelota, o Pescados Rubén tomou vantaxe cun disparo escorado de Hélder, no minuto 12. Javi Rangel e Dani Colorado tiveron as mellores para empatar, pero foi de novo o cadro galego o máis efectivo cun contragolpe culminado por Víctor, a dous para o descanso. Dani Colorado, bloqueado por Edu, e Anuar Maimon, rozando o pau, erraron antes da bucina.

Os pupilos de Juanma Marrube ampliaron a fenda no 28, con Renato tras saque de esquina de Víctor. Parecía todo ben encamiñado para os burelistas. No minuto 32 Nano saíu como porteiro xogador ante un Pescados Rubén impecable en defensa cun gran Edu baixo paus. Chus tamén liderou en certos compases o xogo de cinco burelista. Viviu o Antonio Rivilla unha recta final de tolemia; cada paso diante dos locais pola remontada era neutralizado por unha nova diana laranxa. Dani Colorado meteu o Puertollano na pelexa a falta de 4’30” minutos, pero apareceu Luisma, rubricando o 1-4, desde saque de esquina. A intención de reactivarse de novo para o conxunto local co 2-4 de Lluc (36) tocando en Pope foi un espellismo; recibindo un pase longo, Hélder (37) soubo temperarse para subir o 2-5. Alta tensión ata o final; o 3-5 de Dani Colorado tocou a tecla finalizadora do Pescdos Rubén, co definitivo 3-6, co segundo da tarde para Luisma.


Ficha técnica

Puertollano FS: Arenas, Nano, Manu Orellana, Lluc, Dani Colorado, cinco inicial; tamén xogaron Anuar Maimon, Javi Rangel, Álex Durán, Joan Guardiola, Fernando, Joaki

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Chus, Colacha, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Héctor, Víctor, Hélder, Luisma

Goles: 0-1, minuto 12, Hélder; 0-2, minuto 18, Víctor; 0-3, minuto 28, Renato; 1-3, minuto 35, Dani Colorado; 1-4, minuto 36, Luisma; 2-4, minuto 36, Lluc; 2-5, minuto 37, Hélder; 3-5, minuto 38, Dani Colorado; 3-6, minuto 39, Luisma

Árbitros: Bustos Caparrós // Ugarte Ruiz (Colexio Andaluz). Por Puertollano, amarela para Anuar Maimon. Por Burela amarela a Pope, Luisma, Héctor, Renato (dobre amarela)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 25 de Segunda LNFS, disputado no pavillón Antonio Rivilla
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores