Noticias
23 de marzo de 2018
Axúdasnos a pelexar pola Copa?

O Pescados Rubén poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas para as semifinais da Copa Galicia (Marín, sábado 31 de marzo). O custo será de 15 euros/persoa; a viaxe realizarase cun mínimo de 40 afeccionados/as.



As persoas que así o desexen deberán apuntarse na nova sede do club (avda. Arcadio Pardiñas 97, entreplanta 10) e terán a posibilidade de facer reserva provisional no suposto de que o Pescados Rubén acceda á final (domingo 1 de abril, 19.00 horas).


Horarios:
Saída: Sábado 31 de marzo, Vista Alegre (cafetería), ás 11.00 horas
Destino: A Raña (Marín)
Semifinal 1: Ourense Envialia-Pescados Rubén Burela FS (17.30 horas)
Semifinal 2: Cidade das Burgas-Poio Pescamar (19.30 horas)
Regreso: Ao remate das semifinais



Data límite para apuntarse: Mércores 28 de marzo, 17.00 horas

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores