Noticias
22 de marzo de 2018
Outro duelo directo, outra final

Tan só 1 punto dálle vantaxe ao Pescados Rubén Burela FS (42) sobre o seu próximo destino, a pista do Puertollano FS, que ocupa a sexta (41), na 25ª xornada, outra final para os de Juanma Marrube. A cita do Antonio Rivilla (sábado 24, 18.15 horas) poderá seguirse en directo a través de www.lnfsdirecto.com.


“Afrontamos a semana con moitas ganas, despois do último partido, na casa, o optimismo volveu ao equipo coa gran vitoria ante Antequera, rival directo, e agora temos unha saída difícil na que temos que traballar moito para regresar con tres puntos que sabemos que son importantísimos” advertía José Antonio Luna Guijarro, Colacha.


Os laranxas aproveitarán as boas sensacións para intentar bater o segundo máximo goleador de Segunda, con Dani Colorado como pichichi da categoría (38 tantos), un rival que encadea dúas derrotas nos seus últimos compromisos no seu feudo, con Rivas (2-8) e Antequera (2-3): “Sabemos que cada partido é unha final nestes momentos; Juanma inculcóunolo. Puertollano é forte na casa, aínda que leva sen gañar alí desde a xornada 18; iso pode condicionalos en ansiedade por querer recuperar o triunfo e nós temos que xogar con ese factor” adiantaba o 9 burelista, incidindo na esencia dos mariñáns: “Temos que seguir traballando na nosa defensa para reducir a súa grande arma, o gol. Sabemos que iso nos vai a requirir moito traballo pero estamos nun bo momento e moi concienciados do que significaría regresar desa pista con tres puntos” puntualizaba o andaluz.


Na ida a vitoria foi para o Puertollano, 2-4.

A expedición partirá esta noite, ás 23.00 horas, e realizará a última sesión da semana mañá, á chegada a terras castelano-manchegas, ás 10.30 horas.


Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 11. Cora, 12. Renato, 14. Pope, 17. Nito, 19. Luismi, 20. Héctor

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores