Noticias
20 de marzo de 2018
Marín, sede da fase final de Copa Galicia Feminina (31 de marzo e 1 de abril)
Información de www.futgal.es
A fase final da Copa Galicia de fútbol sala feminino xa ten sede: as semifinais e a final do torneo van xogarse na localidade pontevedresa de Marín, no pavillón A Raña, os días 31 de marzo e 1 de abril.

Ourense Envialia, Burela Pescados Rubén, Cidade das Burgas e Poio Pescamar son os catro equipos que acadaron as semifinais da competición.

Este é o calendario da fase final:

A Raña (Marín) - 31 de marzo e 1 de abril de 2018

SÁBADO 31 DE MARZO
17:30 SEMIFINAL 1: OURENSE ENVIALIA - BURELA PESCADOS RUBÉN
SÁBADO 31 DE MARZO
19:30 SEMIFINAL 2: CIDADE DE AS BURGAS - POIO PESCAMAR
DOMINGO 1 DE ABRIL
19:00 FINAL


I Mini Copa Feminina Fútbol Sala
Antes da final do domingo, o pavillón da Raña será escenario da disputa da I Mini Copa Feminina. Os equipos infantís de Poio Pescamar e A Fervenza (Burela Pescados Rubén) tentarán facerse con esta primeira edición do trofeo nun partido que se disputa ás 16:30 horas.


Entradas
As entradas terán os seguintes prezos:
- Adulto anticipada: 3 €
- Adulto taquilla: 5 €
- Menores de 12 anos: 1 €

A venda anticipada está aberta para os clubs ata o venres 23 de marzo. A partir de entón, as entradas que queden dispoñibles poranse a disposición do público xeral co seguinte procedemento:

1) Ingreso do importe total das entradas adquiridas mediante transferencia á conta IBAN ES13 2100 4080 1822 0010 4564 (La Caixa)

2) Envío do xustificante da transferencia, xunto cos datos (nome, apelidos e idade) de todos os adultos e/ou nenos que asistirán ao partido, ao correo entradas@futgal.es

3) Recollida das entradas en taquilla o día do partido
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores