Noticias
2 de marzo de 2018
Elche 5-1 Pescados Rubén
O electrónico resistiuse en terras ilicitanas ata o ecuador da segunda parte nunha cita que levou o Elche CF (5-1) sobre o Pescados Rubén Burela FS. Os de Juanma Marrube responderon a un meteórico 2-0 con porteiro xogador, atoparon a recompensa axiña, aínda que a fortuna lles deu as costas nun rexeite, co 3-1, e a partir de aí a precipitación pesou en exceso.

Ambas as escuadras suscitaron un partido serio e ordenado, con alternancia de ocasións sobre a rede rival, sendo conscientes de que o que estrease o resistente marcador tiña moito gañado. Chus foi o primeiro en probar con perigo para os laranxas, no minuto 5; Hélder, no 10, volveu petar contra Kike, e Héctor protagonizou dúas ante o meta local, no 17 e 28, que se marcharon desviadas por pouco.

Cumpríndose o 30 de xogo, en tan só un minuto os ilicitanos conseguiron abrir a fenda do 2-0, primeiro con Samu culminando unha xogada de Kiwi e segundos despois o propio Kiwi golpeando de tacón dentro da área. A falta de 6’03” para o final Luisma liderou o xogo de cinco para os laranxas na busca da remontada. Foi o propio 6 burelista o encargado de reducir distancias, no 35. Outro minuto e o Elche foi efectivo para volver ampliar distancias, por partida dobre: nun rexeite de Kiwi, que golpeou na defensa laranxa antes de cruzar a liña de meta, e segundos despois nun contragolpe finalizado por Aitor. Rubi anotou o definitivo 5-1, sobre a bucina.



Ficha técnica

Elche CF: Kike, Rubi, Samu, Carde, Kiwi, cinco inicial; tamén xogaron Josema, Jesús García, Raúl Canto, Óscar Ruiz, Aitor

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Chus, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Luisma, Colacha, Héctor


Goles: 1-0, minuto 30, Samu; 2-0, minuto 31, Kiwi; 2-1, minuto 35, Luisma; 3-1, minuto 36, Kiwi; 4-1, minuto 37, Aitor; 5-1, minuto 40, Rubi

Árbitros: Cotes García // Elena Pedros (Colexio Andaluz). Por Elche, amarela para Raúl Canto. Por Burela amarela para Víctor, Héctor, Luisma, Renato

Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 de Segunda LNFS, disputado no pavillón Esperanza LAG
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores