Noticias
21 de xaneiro de 2018
Alcorcon 6-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido dar continuidade á súa boa estrea de ano, cun resultado positivo no final da primeira volta. O Ciudad de Alcorcón superou por 6-1 ás galegas, sobre as que o 3-0 da primeira parte supuxo demasiado lastre.

As madrileñas fixeron moito dano sobre as filas burelistas executando nas súas dúas primeiras chegadas a portería. Non empezou da mellor forma a cita en Los Cantos para as mariñás; a mala fortuna aliouse contra os intereses das laranxas, que encaixaron un gol en propia porta xa no minuto e medio de xogo, nun pase cara atrás que pegou en Cilene. No 14, Desi aproveitou un balón na área galega para subir o 2-0. A bucina do descanso soou con vantaxe de 3-0 para as locais; no 15, Anita Luján cazou o rexeite do dobrepenalti de Sila para sentenciar. Nos últimos minutos, o xogo de cinco das galegas dispuxo de grandes ocasións, cunha sublime Dany á que hoxe tampouco a acompañou a sorte, fronte a unha sólida Belén de Uña.


O conxunto de Julio Delgado e Lucas saltou de novo á pista disposto a arriscar con porteira xogadora xa de inicio para neutralizar o lastre de 3-0. A galega Vane Sotelo asinou o cuarto, a pase de Irene, no 25. Os minutos foron pasando e nas galegas tamén empezou a facer dano o cansazo, pola acumulación de minutos dalgunhas xogadoras, acentúandose certos erros individuais, e sen a presenza de Sara e Julia nesta segunda parte. Así, Anita Luján volveu aparecer para anotar o 5-0 desde propia pista, no 35. O Pescados Rubén, sen deixar de loitas, conseguiu mitigar o marcador en contra segundos despois coa incansable Dany, un gol que non atopou sucesores e a falta de 2 minutos, Vane Sotelo volveu ver portería, revolvéndose na área mariñá, co definitivo 6-1.


Ficha técnica

Ciudad de Alcorcón FSF: Belén, Isa García, Sara Sanz, Desi, Irene Samper, cinco inicial; tamén xogaron Anita Luján, Ana Rivera, Vane Sotelo, Sila, Aida, Pipi

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Tai, Julia Forsiuk, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Judith, Lara, Cami, Sara

Goles: 1-0, minuto 2, Cilene (p.p.); 2-0, minuto 14, Desi; 3-0, minuto 15, Anita Luján; 4-0, minuto 25, Vane Sotelo; 5-0, minuto 35, Anita Luján; 5-1, minuto 35, Dany 6-1, minuto 38, Vane Sotelo

Árbitros: De Diego Sánchez, Daniel // De Diego Sánchez, Miguel (Colexio Madrileño). Por Burela, amarela a Bea Mateos (minuto 25) e Cilene (33).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Primeira RFEF disputado no pavillón Los Cantos.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores