Noticias
19 de xaneiro de 2018
Alcorcón, broche da primeira volta para seguir no podio

O Pescados Rubén Burela FS poñerá o broche á primeira volta de Primeira RFEF este domingo (13.00 horas, Los Cantos) na pista do Ciudad de Alcorcón, un duelo no que as laranxas defenderán a súa terceira praza (34 puntos) empatadas con Universidad de Alicante, fronte ás quintas na táboa (29 puntos).


“É un partido moi importante, cun rival moi forte e fóra da casa” advertía Julia Forsiuk, autora de dúas dos goles do gran triunfo da estrea de 2018, fronte a Guadalcacín (7-1), confiando en chegar ao ecuador da competición reafirmándose no podio: “Sabemos que Alcorcón é un rival complicado, con xogadoras internacionais, pero debemos centrarnos no noso xogo, sen importar qué equipo está en fronte; só así poderemos gañar. Creo que comezamos o ano cun grande equipo; Cami estase adaptando moi ben e confío neste bloque non só para gañar o domingo senón tamén para pelexar por grandes obxectivos”, explicaba a 37 burelista.


A expedición partirá cara ao seu destino da 15ª xornada mañá ao mediodía, tras a última sesión da semana (11.30 horas). Non viaxará Sofía, por molestias musculares.


En pugna directa. Na última cita da primeira volta, UA Alicante, empatado a 34 puntos coas mariñás, terá unha difícil tarefa, coa visita do 4º na táboa, Jimbee Roldán, con só 2 puntos de desvantaxe. O Atlético de Madrid Navalcarnero chega ao ecuador custodiando o liderado, con 40 puntos, tras a disputa da xornada adiantada (xoves 18), con Soto del Real, con vitoria 6-0.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores