Noticias
22 de decembro de 2017
Papá Noel vístese de Laranxa

Papá Noel vestiuse esta semana de laranxa coa tradicional visita do Pescados Rubén Burela FS á área de Pediatría do Hospital da Costa da localidade mariñá. Bea Mateos, Lara, Luisma, Víctor e Sergio Cora exerceron de axudantes dende Laponia compartindo unha mañá moi entretida cos nenos ingresados.


Os/As  xogadores/as burelistas obsequiaron os pequenos/as con camisetas e gorras laranxas e con algún outro agasalliño, ademais de convidalos aos partidos de Vista Alegre, pero tamén recibiron o mellor dos regalos, a ilusión, a emoción e as palabras de amor polo deporte dos irmáns ribadenses Sergio e Iván, de 10 anos; o focego Adryan, de 4 anos; e o máis pequeniño, o burelao Lucas, de tan só 2 aniños.



De parte de toda a Familia Laranxa, os nosos mellores desexos para un rápida recuperación.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores