Noticias
10 de novembro de 2017
O Burela FS cede a primeira praza ao Antequera
O Pescados Rubén Burela FS cedeu esta tarde a primeira praza de Segunda LNFS en duelo directo na pista do CD UMA Antequera (5-3), un rival que levou a voz cantante no electrónico nun encontro goleador que recibiu o descanso coa axustada vantaxe dos locais, por tan só 1-0.

Andaluces e galegos inauguraban a xornada 9 no Fernando Argüelles conscientes do que estaba en xogo, o liderado. Foron os locais os que tomaron a iniciativa no marcador xa no minuto 4, nun disparo cruzado de Miguel Fernández, en xogada de estratexia. Os de Juanma Marrube estaban cómodos coa pelota, pero con certa escaseza de presenza en finalización que foron suplindo cos minutos. A falta de 2 para o descanso, Cone evitou o empate ante o serio perigo burelista e volveu facelo no inicio da segunda parte, nun man a man ante Luisma, con mellores compases iniciais para os laranxas. Non tivo sorte o Pescados Rubén e tomaron máis vantaxe os locais, con Dani Ramos en parede con Cala (minuto 27). Lonxe de baixar os brazos, os de Juanma Marrube buscaron o gol sen descanso e enseguida se materializou, nos pés de Matamoros, de falta indirecta (minuto 27). Volvían estar enganchados os da Mariña, con todo, cumpríndose o ecuador do segundo período, os de Moli volveron ver portería, de novo con Miguel Fernández, nunha transición. Era a tarde-noite dos dobretes e Mata volveu facer acto de presenza fronte á rede andaluza para sentenciar, no 33. Así con 3-2, os laranxas saltaron á pista con xogo de cinco con seis minutos aínda por diante. A falta de 3, o pau repeleu o empate de novo nas zapatillas do 10 burelista. E xerro de auga fría; o Antequera aproveitou o rexeite para marcar o 4-2 desde o seu campo a porta baleira, con Miguel. Tras as boas ocasións de Hélder, e antes do incisivo Mata, no último minuto Óscar ampliou a fenda nunha recuperación en media pista; Luisma subiu acto seguido o 5-3, tras pelexa na área, sen tempo para máis.


Ficha técnica

CD UMA Antequera: Cone, Juanra, Miguel, Dani, Miguel Fernández, cinco inicial; tamén xogaron Cala, Óscar, Crispi, Dani Ramos, Carlos, David

Pescados Rubén Burela FS: Álex, Víctor, Luisma, Chus, Colacha, cinco inicial; tamén xogaron Hélder, Matamoros, Pope, Kelson

Goles: 1-0, minuto 4, Miguel Fernández; 2-0, minuto 27, Dani Ramos; 2-1, minuto 27, Matamoros; 3-1, minuto 30, Miguel Fernández; 3-2, minuto 33, Matamoros; 4-2, minuto 37, Miguel; 5-2, minuto 40, Óscar; 5-3, minuto 40, Luisma

Árbitros: Polo Polo // Tinoco Parrilla (Colexio extremeño). Por Antequera, amarela para Dani e Crispi. Por Burela amarela para Matamoros e Edu

Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Segunda LNFS, disputado no pavillón Fernando Argüelles de Antequera.


QUE FARÍAS CON 300 EUROS?

Queres gañar 300 euros? Xa estás pensando que farías con eles? En que os gastarías? Pois ben, ti podes ser o agraciado/a con este premio o 18 de novembro en Vista Alegre, coincidindo coa xornada 10 de Segunda LNFS, entre o Pescados Rubén Burela FS e o Puertollano (18.30 horas).

En Burela, os negocios colaboradores Alain Afflelou Burela, Talleres Pomeda, Palacio de Cristal, Hotel Nordés, Parrillada de Jandro, cafetería Vista Alegre, Kessarys Joyeros, cervecería-vinoteca O Traste, Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila, O Sargo, Bodega O Lagar, Espacio Lector Nobel e Talleres Harauto xa reparten as rifas, ademais de Galipizza e Resort Thalasso Las Sirenas, en Viveiro, e Living Sport, en Foz.

O sorteo, presencial, será a partir das 18.00 horas.

Entrada gratuíta para socios do Burela FS e menores de idade
Non soci@s adult@s: 10 euros
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores