Noticias
8 de novembro de 2017
Acompáñasnos a Poio?
Foto: JM Álvez
Todos os afeccionados/as que queiran asistir á emoción de derbi galego en Primeira RFEF o sábado 18 de novembro, na pista do Poio Pescamar FS (16.30 horas), poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS.

O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas por 18 euros/persoa; a viaxe realizarase cun mínimo de 30 afeccionados/as.

As persoas que así o desexen deberán apuntarse na nova sede do club (avda. Arcadio Pardiñas 97, entreplanta 10).

Horarios:
Saída: Sábado 18 de novembro, Vista Alegre (cafetería), ás 13.00 horas
Destino: Pavillón A Seca (Poio)

Partido: Poio Pescamar FS-Pescados Rubén Burela FS (16.30 horas)
Regreso: Ao remate do encontro

Data límite para apuntarse: Xoves 16 de novembro, 19.00 horas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores