Noticias
11 de setembro de 2017
Primeiro paso en Copa Galicia

Antes de internarse na aventura ligueira, os laranxas estrearanse en competición oficial mañá, martes- con oitavos de Copa Galicia; mediranse ao Santa Isabel –de Autonónimica-, en Outeiro de Rei (21.00 horas), que se impuxo na primeira eliminatoria ao CP Casás (5-1).


“É o noso primeiro patido oficial; mediremonos a un rival de categoría inferior pero non por iso nos debemos confiar porque sairá coas ganas e ilusión de facer as cousas ben e sorprendernos e nós temos que demostrar a nosa condición e non conceder regalos” explicaba o meta Álex, no comezo da que será a súa terceira tempada de laranxa, amosando tamén a súa emoción polo incipiente inicio de liga: “Tivemos unha pretempada bastante dura a nivel físico, con Mera, e con moito traballo táctico, coas ideas de Juanma. Agora comeza o serio; temos moitas ganas de empezar e de que os resultados nos vaian acompañando para seguir medrando” aseguraba o 13 burelista.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores