Noticias
11 de setembro de 2017
Volve a emoción

Comeza a semana máis esperada. Este non é un luns calquera. É o inicio da conta atrás para escribir unha nova tempada de soños e ilusións.


Vista Alegre abrirá a liga de Primeira RFEF o sábado ás 18.30 horas coa visita do Majadahonda FSF Afar 4. Tan só 15 minutos antes o cadro de Juanma Marrube estreará a competición de Segunda LNFS na pista do FS Valdepeñas.


Carnés xa dispoñibles
Os socios/as laranxas poden recoller o seu carné 2017-18, cun 10% de desconto no servizo de Wellness do Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro, na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo); tamén poderán facelo en Vista Alegre este sábado, coincidindo coa 1ª xornada de Primeira RFEF.


Horario de atención ao público: De luns a xoves entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas e os venres de 10.00 a 15.00 horas


Tarifas de socios/as para 2017-18



Individual: 80 euros
Familiar: 140 euros
Xubilado: 50 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores