Noticias
4 de setembro de 2017
O Voso Legado, A Nosa Historia

Coa emoción do comezo da tempada 2017-18 a volta da esquina, en pouco menos de dúas semanas, o Pescados Rubén Burela FS abre a campaña de socios cun agradecemento moi especial á fidelidade da afección, escollendo como protagonistas a aqueles que sábado tras sábado fan de Vista Alegre unha fortaleza.


Baixo o lema ‘O Voso Legado, A Nosa Historia’ e coa paixón e sentimento dalgunhas das familias que nos acompañan dende hai anos, como os Novoa, Mera Río, Rodríguez Rivas ou Díaz e Mon, o club laranxa presenta o novo exercicio con baixada de prezos en todos os seus abonos e acceso gratuíto para os menores de 18 anos, tanto para os partidos de Primeira División RFEF coma de Segunda División LNFS.


 


Carnés dispoñibles na sede laranxa


 


Tarifas de socios/as para 2017-18


Individual: 80 euros
Familiar: 140 euros
Xubilado: 50 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros
Menores de 18 anos: Gratuíto


 


Formulario adxunto Socio/a Tempada 2017-18

Documentos relacionados:
102 KB
Formulario Socios/as 2017-18
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores