Noticias
29 de agosto de 2017
O Pescados Rubén presenta a Kelson

O pivote brasileiro Kelson Vinicius Francisco de Campos (São Caetano do Sul, 1993) foi presentado hoxe na sede do Pescados Rubén Burela FS, arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Luis Guillén. “Este é un dos mellores escenarios do mundo. É a miña primeira experiencia fóra do Brasil. Estou feliz e confiado en poder facer unha tempada de bos resultados principalmente no colectivo. O que importa é o obxectivo do club e xunto cos meus compañeiros espero cumprilo” falaba das súas metas  o canarinho, que chegou onte á Mariña.


“Son un pivote de moita forza, de asegurar o balón preto da área y tentar o xiro. Teño un estilo de xogo aguerrido e loitador”, así se definía o novo 20 laranxa, procedente do Age Guaporé, equipo no que coincidiu co ex–burelista Purao. Para Kelson, que xa coñeceu onte pola tarde os seus novos compañeiros, “as expectativas son as mellores posibles”. “Saio da casa buscando sempre o mellor, un equipo novo ao que espero axudar e no que tamén espero mellorar” concluía o brasileiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores