Noticias
19 de agosto de 2017
Santiago, campión do Torneo Burela Bonita
Os composteláns deron a sorpresa sobre o impoñente Movistar nunha emocionante final na que conseguiron unha vantaxe de 0-3 con dianas de Everton (minuto 5), Hugo (minuto 14) e Armando (17) xa no primeiro período. O conxunto interista reduciu distancias ao comezo da segunda parte, cun penalti materializado por Borja, tras falta sobre Rafael. Os de Jesús Velasco estreláronse contra a malla defendida por Víctor López ata a extenuación. Everton, a balón parado, ampliou a fenda no minuto 35 achegándose máis ao título. Restaban tres minutos cando Gadeia anotou o 2-4; os verdes apostaron por Rafael como porteiro xogador. Ambas as porterías dispuxeron de ocasións sen máis movementos no electrónico.


Ficha técnica

Movistar Inter FS: Álex González, Bebe Solano, Borja, Gadeia, cinco inicial; tamén xogaron Serginho, Elisandro, Pola, Taffy, Daniel, Carlos Ortiz, Rafael, Ricardinho, Jesús Herrero

Santiago Futsal: Víctor López, Antonio Diz, Hugo Sánchez, Isma, Álex Verdejo, cinco inicial; tamén xogaron Álex V., Everton, Gonzalo Alonso, Santi, Zequi, Armando, Álex Diz

Goles: 0-1, minuto 5, Everton; 0-2, minuto 14, Hugo; 0-3, minuto 17, Armando; 1-3, minuto 22, Borja; 1-4, minuto 35, Everton; 2-4, minuto 37, Gadeia

Arbitros: Menéndez Nistal // Vilas López. Por Movistar vermella a Álex González (minuto 16), amarela Pola (minuto 17), Carlos Ortiz (minuto 23), Bebe (minuto 25), Ricardinho (minuto 25). Por Santiago, amarela Gonzalo Alonso (minuto 24), Antonio Diz

Incidencias: Final do Torneo Burela Bonita disputado en Vista Alegre, con ao redor de 700 espectadores. Minuto de silencio polas vítimas do atentado de Barcelona. Campión e subcampeón recibiron os galardóns de mans do concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández Rey, e do presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores