Noticias
18 de agosto de 2017
Movistar, primeiro finalista do Burela Bonita tras vencer a Palma (3-2)
Movistar Inter converteuse no primeiro finalista do Torneo Burela Bonita logo de vencer ao actual campión, Palma Futsal (3-2), unha cita na que os verdes remontaron a partir do minuto 29. Os de Jesús Velasco buscarán o trofeo mañá ás 21.00 horas, fronte ao gañador da segunda semifinal de hoxe, Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal.

Palma foi o primeiro en avisar, no minuto 5, con Tomaz. Pouco despois Joselito volveu poñer en apertos o meta interista, cun balón
que se paseou por diante da liña de meta. Os interistas estreáronse no minuto 9, con Tomaz, e segundos máis tarde con Solano nun rexeite de Nico Sarmiento. O gol do Palma asinouno Eloy Rojas a tres minutos para o descanso logo de sortear ao bordo da liña de fondo a Rafael e superar a Herrero. Os insulares tiveron o segundo tanto no último minuto antes do descanso, nun dobre penalti de Eloy que se estrelou contra o corpo de Herrero.

Comezou arroiando o Palma, antes de cumprirse o primeiro minuto tras o descanso, Joselito, por partida dobre, e Tomaz. Tocoulle a quenda ao titánico interista; 5 minutos nos que subiu unha marcha en busca do empate pero non estivo acertado ata que Gadeia puxo táboas, no minuto 29. Barrón converteuse no pesadelo para os verdes, freando a Serginho (minuto 32) e a Ricardinho (minuto 34), aínda que nada puido facer ante a maxia do astro interista, en dobre penalti (minuto 36). Os insulares apostaron por xogo de cinco nos últimos tres minutos. Saíulles mal, Pola anotou a porta baleira (minuto 38). Non deseperaron os de Vadillo e atoparon o 3-2 cun lanzamento de Éder, que empuxou Diego Quintela in extremis a falta de pouco máis dun minuto para o final.


Ficha técnica

Movistar Inter FS: Jesús Herrero, Pola, Ricardinho, Carlos Ortiz, Elisandro, cinco inicial; tamén xogaron Bebe, Taffy, Borja, Rafael, Serginho, Solano, Daniel

Palma Futsal: Nico Sarmiento, Lolo, Diego Favero, David Pazos, Diego Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Maico, Eloy Rojas, Tomaz, Chicho, Paradynski, Éder, Barrón

Goles: 0-1, minuto 17, Eloy Rojas; 1-1, minuto 29, Gadeia; 2-1, minuto 36, Ricardinho (d.p.); 3-1, minuto 38, Pola; 3-2, minuto 39, Diego Quintela

Arbitros: Manteiga Rodríguez // Amor Vizoso. Por Movistar, amarela a Elisandro (minuto 16), Ricardinho (minuto 26), Gadeia (minuto 37). Por Palma, amarela a Maico (minuto 8), Paradynski (minuto 22), Eloy Rojas (minuto 27), Diego Favero (minuto 35), Chicho

Incidencias: Partido de semifinais do Torneo Burela Bonita disputado en Vista Alegre con arredor de 800 espectadores, que renderon un emotivo minuto de silencio polas vítimas do atentado de Barcelona.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores