Noticias
18 de agosto de 2017
O xuvenil Luismi, con España Sub-17

O  xuvenil do Pescados Rubén Burela FS Luismi Nieto Fraga fará as maletas esta fin de semana para desprazarse o domingo ata Las Rozas ante o chamamento da Selección Española Sub-17.


O porteiro laranxa forma parte da convocatoria de 14 xogadores que reunirá Venancio López na Cidade do Fútbol, xunto a promesas do Peña Real Madrid, Aljucer FS-ElPozo Murcia, Les Corts UBAE, UD Las Rozas Boadilla, Ciudad de Móstoles, FC Barcelona Lassa, Peña Barcelonista e CD Vedruna. A concentración, cunha semana de sesións, culminará o sábado 26 nun partido de adestramento fronte o Movistar Inter (19.00 horas).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores