Noticias
12 de xullo de 2017
Valdepeñas, primeiro compromiso do Pescados Rubén, o 16 de setembro

O Pescados Rubén xa coñece o calendario de Segunda División. Estrearase a domicilio o 16 de setembro, na casa do Valdepeñas. O debut ligueiro para Vista Alegre será o día 23, coa visita de ElPozo Ciudad de Murcia.


 


O primeiro derbi irmandiño para os laranxas será na xornada 5, na casa do Prone Lugo AD (14 de outubro); o equipo lugués visitará a Bomboneira o 10 de febreiro, na 20ª. A primeira volta despedirase con outro duelo galego na Mariña, fronte ao Noia Portus Apostoli FS, o 23 de decembro. A liga clausurarase o 28 de abril na pista do conxunto coruñés.

Documentos relacionados:
101 KB
Calendario Segunda División 2017-18
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores