Noticias
23 de xuño de 2017
O Pescados Rubén pecha o proxecto 2017-18 coa chegada do pivote brasileiro Kelson

O Pescados Rubén Burela FS pecha a configuración do proxecto 2017-18, en Segunda División, coa chegada do pivote brasileiro Kelson Vinicius Francisco de Campos (São Caetano do Sul-SP, 1993), que vivirá na Mariña a súa primeira experiencia no fútbol sala español, procedente do Age Guaporé e con traxectoria en Barueri, São Bernardo,  Ágil São Luiz Gonzaga e União Nova Petrópolis.


O mozo ‘canarinho’, un pivote dominante que destaca pola suxeición e fixación de balón na zona de finalización, será a última incorporación para o equipo de Juanma Marrube coas novidades de Chus Blázquez, desde Naturpellet Segovia; o viveirense Sergio Cora; Víctor López, desde Cagliari Futsal; Pope e Colacha, cedidos por Palma Futsal, e Luisma, do Ribera Navarra FS. Baixo os paus, repetirán Edu e Álex, cos prometedores Renato e Hélder, e a solidez de Matamoros.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores