Noticias
22 de xuño de 2017
As Xoias Laranxas din adeus ao curso 2016-17

A ED Pescados Rubén Burela FS despediu onte o curso 2016-17 no auditorio municipal. A tradicional gala de clausura das Xoias Laranxas estivo dirixida polo director da escola, Alfonso Mera, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, xunto ao presidente do club, Manuel Blanco, os vicepresidentes, Cesarina Fanego e José Luis Sáez, o secretario, José Ángel Dovale, e o directivo Rubén Blanco, ademais do adestrador do equipo sénior masculino, Juanma Marrube, e dos xogadores Edu, Silvia Rubal e Renato, ídolos e exemplo da formación de base burelista.


Unha proxección audiovisual rememorou a excelente tempada dos nenos/as ante o numeroso público. Todos os deportistas subiron ao escenario do auditorio para recibir o diploma do curso 2016-17 e unha mochila, como agasallo. Manuel Blanco pechou a gala felicitando o alumnado polo excelente curso, dando as grazas a adestradores, delegados e pais/nais pola súa colaboración e convidando a todos os presentes a seguir gozando do fútbol sala laranxa en 2017-18.



Despedida polos Heroes do Orzán


Todas as categorías da base laranxa, excepto o conxunto miniprebenxamín, seguirán adestrando ata comezos de xullo para competir no VI Memorial Heroes do Orzán (28 xuño-2 xullo, A Mariña), que organiza a Fundación Imdecum.



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores