Noticias
21 de xuño de 2017
Recoñecementos para os Laranxas no Memorial Heroes do Orzán da Coruña

O Futuro Laranxa gozou esta fin de semana da primeira experiencia de 2017 do Memorial Heroes do Orzán, na sede da Coruña, baixo a organización da Fundación Imdecum. O equipo Alevín alzouse co título de campión, ademais de galardón de máximo goleador para Fernando. O prebenxamín, pola súa banda, quedou en cuarta posición, coa distinción de Equipo Máis Deportivo.


Todas as categorías entre prebenxamín e xuvenil volverán darse cita no Memorial, esta vez na sede da Mariña, entre o 29 de xuño e o 2 de xullo, en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores