Noticias
8 de xuño de 2017
Sergio Cora súmase ao Pescados Rubén para as 2 próximas tempadas

O ala Sergio Cora Piñón (Viveiro, 1997) será xogador do Pescados Rubén Burela FS as próximas dúas tempadas. Na súa presentación oficial, xunto ao mozo mariñán estiveron o presidente, Manuel Blanco Fanego, e o directivo Antonio Rodenas, que salientaron a “proxección dun xogador que leva anos medrando xunto a nós, na base, e que o ano pasado xa deu un salto cualitativo compartindo responsabilidades entre o filial, Onde Sempre Xove FS, e o equipo de Primeira División”.



“Juanma sempre me apoiou moito, xa me comentou algunha vez que tiña calidades e estaba capacitado para xogar en Burela. Pola miña parte estou encantado por esta nova posibilidade que se me brinda. Gústame o fútbol sala e gústame xogar, por iso as negociacións foron doadas” explicaba Sergio Cora irradiando entusiasmo a mares por esta nova porta que se abre na súa gran paixón polo deporte: “Afronto esta nova etapa con moita ilusión, con moitas ganas de levar este equipo a onde se merece, que é Primeira División. Espero gañarme o posto, loitando e sacrificándome polo club e dar sempre o máximo” adiantaba o viveirense incidindo na súa boa relación co cadro burelista: “Teño moi bo trato cos compañeiros, sobre todo con Renato e Hélder, e iso dáme confianza para esta nova etapa”, concluía Sergio.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores