Noticias
8 de xuño de 2017
Silvia Rubal: 'Queremos facer algo grande na Copa'

O Pescados Rubén Burela FS estrearase mañá nun nova xesta na Copa de España; será no pavillón da Seca do Poio Pescamar FSF con derbi irmandiño, ante o Ourense Envialia FSF (18.00 horas). Unha Copa na que a gran baza das mariñás é a ilusión que lles permitiu superar moreas de obstáculos ao longo da tempada, nun equipo de experiencia, pero tamén de moita xuventude: “A xente nova achegou moitísima ilusión e todas xuntas puidemos facer un gran traballo en liga e agora imos á Copa con máis ilusión aínda. Despois de quedar cuartas en liga, queremos facer algo grande en Copa”, explicaba a burelá Silvia Rubal.



A 6 laranxa, que xa viviu e gañou esta competición coa escuadra da súa vila, espera pola Copa con moitas ganas despois dun final de liga complicado por unha lesión: “Estou moi contenta de volver. O tempo afastada faise eterno pero a recuperación dunha lesión de xeonllo non é doada, á hora de tocar o balón podes ter medo. Nestes últimos partidos xa puiden ter poucos minutos, uns minutos gañados de cara á Copa porque así chego con máis confianza”.


“Nos partidos de liga foron envites moi igualados, con vitoria nosa de 1-0 e empate en Ourense 3-3. Na Copa hai que loitar máis ca nunca e dalo todo” adiantaba Silvia Rubal do primeiro obstáculo copeiro, cita na que a Bancada Laranxa volverá a ser unha das principais referencias para as pupilas de Lucas e Julio Delgado: “A afección de Burela sempre nos acompaña independentemente de onde sexa o compromiso, iso témolo moi claro calquera integrante do equipo. Aí os esperamos tamén en Poio para facer algo grande nesta Copa”, concluía a burelá a piques de subirse ao autobús.


A expedición partiu hoxe ás 17.30 horas cunha expedición de 14 xogadoras: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 6. Silvia Rubal, 8. Emma, 10. Lara, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira. Non poderán participar Helena e Nerea, por lesión.


As semifinais e final serán emitidas en directo por TVG2.


CALENDARIO
CUARTOS DE FINAL - VENRES 9 DE XUÑO
PARTIDO A 10:00 CD FUTSI ATLÉTICO FÉMINAS - MAJADAHONDA FSF
PARTIDO B 12:00 UNIVERSIDAD DE ALICANTE - JIMBEE ROLDÁN FSF
PARTIDO D 18:00 PESCADOS RUBÉN BURELA - OURENSE CF
PARTIDO C 20:00 AD ALCORCÓN FSF - POIO PESCAMAR FS
 
SEMIFINAIS - SÁBADO 10 DE XUÑO
1ª SEMIFINAL 18:00 VENCEDOR PARTIDO A - VENCEDOR PARTIDO C
2ª SEMIFINAL 20:00 VENCEDOR PARTIDO B - VENCEDOR PARTIDO D
  
FINAL - DOMINGO 11 DE XUÑO
FINAL 12:00 VENCEDOR 1ª SEMIFINAL - VENCEDOR 2ª SEMIFINAL


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores