Noticias
7 de xuño de 2017
Apúntate á Copa de España

Os socios/as que queiran asistir á estrea da Copa de España 2017, o venres 9 en Poio poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS.



O equipo feminino comezará a pugna copeira fronte ao Ourense Envialia FSF ás 18.00 horas. O club anfitrión, o Poio Pescamar FSF, medirase ao Alcorcón FSF ás 20.00 horas. O club poñerá a disposición dos socios/as interesados/as o desprazamento en autobús e entradas para os dous partidos de cuartos de final da tarde do venres, por 15€; a viaxe realizarase cun mínimo de 25 soci@s.



Os socios/as que así o desexen deberán apuntarse na oficina do club (avda. Arcadio Pardiñas 91, baixo) ata o xoves 8 ás 19.00 horas.



A entidade laranxa seguirá programando viaxe nas mesmas condicións (supeditado á dispoñibilidade de venda de entradas), para semifinais e final, en función da clasificación do equipo.



Horarios:



Saída: Venres 9 de xuño, Vista Alegre (cafetería), ás 15.00 horas
Destino: Pavillón A Seca (Poio)



Partido: Pescados Rubén Burela FS- Ourense Envialia FSF (18.00 horas)
Partido: Poio Pescamar FSF-Alcorcón FSF (20.00 horas)



Regreso: Ao remate do último partido de cuartos


Data límite para apuntarse: Xoves 8, 19.00 horas

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores