Noticias
6 de xuño de 2017
Antoñito colga o 23 laranxa

Antonio Sierra García, Antoñito, non lucirá o 23 laranxa en 2017-18. O ala madrileño e o Pescados Rubén Burela FS chegaron a un acordo para rescindir o contrato que os unía ata 2018.


Antoñito chegou á comarca da Mariña en 2013-14 procedente Caja Segovia. Na súa última liga como burelista disputou 29 partidos, 13 deles como titular, e anotou 4 goles.


O club agradece os servizos prestados por Antoñito nestas catro tempadas e deséxalle un futuro cheo de éxitos na súa traxectoria deportiva.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores