Noticias
31 de maio de 2017
Jorge Bellvert non seguirá sendo xogador do Pescados Rubén

O peche Jorge Bellvert Mérida non seguirá sendo xogador do Pescados Rubén Burela FS tras finalizar o seu contrato coa tempada 2016-17.


O cacereño recalou na disciplina mariñá en 2014-15 e despois da súa primeira experiencia co club laranxa renovou por dúas tempadas máis. Na liga 2016-17, Jorge Bellvert disputou 23 partidos, 14 deles como titular, e anotou 7 goles.


A directiva do Pescados Rubén agradece a profesionalidade do peche cacereño e deséxalle o mellor lonxe do fútbol sala mariñán.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores