Noticias
27 de maio de 2017
Despedida de Vista Alegre con vitoria ante o Esplugues Gironella
O Pescados Rubén Burela despediuse de Vista Alegre cunha vitoria por 1-0 ante o Penya Esplugues Gironella. O conxunto burelista asegurou a cuarta posición cun gol de Judith no minuto 18 tras unha gran xogada colectiva con xogo de cinco. A vitoria laranxa sumada ás derrotas de Ourense Envialia e Pescamar Poio certifican a cuarta posición do Pescados Rubén Burela a falta dunha xornada ligueira.
O duelo comezou con ambos equipos tanteando ao seu rival e sen mostrar as súas cartas pero co paso dos minutos a intensidade foi aumentando e as precaucións iniciais deron paso a un xogo máis aberto. Julia gozou da primeira ocasión clara do partido pero Ana Romero gañoulle o man a man do mesmo xeito que Noe ante o disparo de Sofía instantes despois. O partido transcorría sen un dominador claro e con moita intensidade en ambos conxuntos que pecaron de falta de tranquilidade no último pase.

Con alternativas na posesión e sen facer dano na meta rival pasaron os minutos e na recta final o Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco. Shiori vestiuse a camiseta de porteira xogadora e con calma e precisión as burelistas lograron abrir o marcador. Tras unha longa posesión o Pescados Rubén acelerou no momento adecuado e Lara asistiu a Judith que marcou o 1-0 a porta baleira.

Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación o Gironella saíu decicido a polo empate. Nos compases iniciais as burelistas replegaron filas para buscar un contragolpe que aumentase a súa renda. Tralo envite inicial das catalás o Pescados Rubén Burela comezou a tomar as rendas do xogo e provocou un par de ocasións claras para escaparse no marcador; Judith debuxou unha preciosa vaselina que se escapou por pouco e Shiori enviou o seu disparo ao pau. Ante o control laranxa o Gironella intentou romper a dinámica co xogo de cinco aínda que sen demasiado acerto.

Nos últimos cinco minutos o Pescados Rubén gozou de numerosas ocasións para materializar o 2-0 pero sen fortuna no remate. No último minuto o Gironella acariñou a igualda nunha acción illada. Berta Velasco cazou un balón solto no área local pero o seu remate foi neutralizado por Jozi. Sen maiores incidencias chegouse ao final dun partido que o Pescados Rubén Burela mereceu gañar con maior comodidade.

Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Lara, Shiori -cinco inicial- Judith, Sofía, Elvira, Paula, Claudia, Silvia, Jozi.

Penya Esplugues Gironella: Noe Guerreiro, Marta González, Celia, Berta Velasco, Julia Vidal -cinco inicial- Laura, Sandra, Helena, Zoe.

Goles: 1-0, m.18, Judith.

Árbitros: Coello Martínez, Fouz Rivas. Colexio galego. Cartón amerlo a Helena do Esplugues Gironella.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 29 da Primeira División. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. Gardouse un minuto de silencio polas vítimas do atentado terrorista de Manchester. A xogadora burelista Sofía Vázquez foi homenaxeada antes do encontro pola conquista coa selección galega sénior do Campionato Nacional de seleccións autonómicas da CNFS.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores