Noticias
26 de maio de 2017
Os laranxas saltan á pista por #unacuraparaadri

O Pescados Rubén Burela FS de Tomás de Dios despedirase mañá en Pontedeume nun amigable solidario xunto Santiago Futsal e FS Pontedeume. A xornada, a favor de #unacuraparaadri, de Adri, un pequeno natural de Ares de tan só 3 anos que sofre a síndrome de Hunter, arrancará ás 16.30 horas no pavillón da Casqueira, con fútbol sala feminino e masculino. A entrada será de 6 euros para o público xeral e 4 euros para menores de 12 anos e socios do club anfitrión.


O equipo mariñán desprazarase á cita con Edu, Álex, Iago Míguez, Isi, Matamoros, Carlitos, Jorge Bellvert, Antoñito, Hélder e Sergio Cora, coa incorporación dos xuvenís Christian Rivas ‘Pitero’ e Alejandro García ‘Mini’.


16: 30 horas. Sénior Feminino
TCA Instalaciones FS Pontedeume-Santiago Futsal A Gaiola


18.00 horas: Sénior Masculino
Opticalia FS Pontedeume-Santiago Futsal


19.00 horas
Opticalia FS Pontedeume-Pescados Rubén Burela FS


20.00 horas
Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores