Noticias
11 de maio de 2017
Pescados Rubén e A Fervenza FSF estreitan lazos

O Pescados Rubén Burela FS e o Comarcal A Fervenza FSF traballarán xuntos en prol do fútbol sala. Ambas as entidades mantiveron varias reunións nas últimas semanas intercambiando posturas para pechar un acordo de colaboración.


Os contactos entre o club mariñán e o ferrolán continuarán nos vindeiros días para concretar un plan de traballo conxunto e, así, preparar coordinadamente a vindeira tempada, tanto deportiva coma tecnicamente.


Na próxima asemblea do Pescados Rubén, prevista para o martes 30 de maio, a entidade laranxa levará a aprobación do acordo de filialidade entre ambas as entidades.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores