Noticias
8 de maio de 2017
Joan Miñano non continuará en Burela

O meta Joan Miñano non continuará en Burela tras finalizar o seu contrato 2016-17. A directiva do Pescados Rubén Burela FS reuniuse con el a semana pasada.


O novo porteiro catalán, que aparcará o fútbol sala para centrarse no seu traballo como enxeñeiro químico, chegou á Mariña a principios de tempada, procedente do FC Barcelona Alusport, de Segunda División, e formado na base do Marfil Santa Coloma, para compartir responsabilidades con Álex Pérez e como reforzo ante a lesión de xeonllo do veterano Edu.


O club agradece os servizos prestados a Joan e deséxalle moita sorte nos seus novos proxectos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores