Noticias
4 de maio de 2017
Catro promesas laranxas no nacional de Salou

O Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas que se disputará esta semana en Salou contará cunha variada representación do Pescados Rubén Burela FS. Catro serán as promesas laranxas presentes na cita; con Galicia Xuvenil participarán Néstor Valle ‘Nito’, Edmilson Monteiro e Christian Rivas, actuais campións de liga de División de Honra; e con Galicia Sénior irá convocada a novísima ribadense Sofía Vázquez.


Ambas as expedicións partirán esta noite para estrearse mañá no campionato que tamén acollerá a competición de Sénior Masculino, baixo a organización da Confederación Nacional de Fútbol Sala.


O combinado irmandiño xuvenil, ás ordes dos tamén burelistas Juanma Marrube e Christian Fustes, disputará a primeira fase con Baleares (venres 5, 16.00 horas) e Valencia (sábado 6, 16.30 horas), no Grupo A. Andalucía, Castela e León, Cataluña e Murcia conformarán o Grupo B.


Galicia Sénior Feminina compartirá o Grupo A con Baleares (venres 5, 18.00) e Castela e León (sábado 6, ás 11.30 ou 18.30, dependendo se perde ou gaña o partido do venres). Andalucía, Cataluña e Valencia formarán o outro grupo.


As fases finais disputaranse o domingo pola mañá.


 


Ligazón Horarios Xuvenís


 


Ligazón Horarios Sénior Feminino

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores