Noticias
4 de maio de 2017
Foz, destino de 'Descubre o Fútbol Sala' esta semana

A Xira Laranxa 2017 ‘Descubre o Fútbol Sala’ do Pescados Rubén Burela FS concéntrase esta semana en Foz. Onte xa gozou da filosofía laranxa o alumnado de 4º de Primaria do CEIP Cantel, coa visita de Antoñito, Renato e Jozi, xunto ao preparador físico Alfonso Mera. Mañá tocaralles a quenda aos rapaces/as de 4º e 6º do Número 1, cos consellos de Tomás de Dios, Cuco e Emma.


O club laranxa iniciou a Xira Laranxa no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove o 19 de abril, co fin de promover a práctica deportiva en igualdade do fútbol sala entre a xuventude de dentro e fóra da bisbarra. Dende entón tamén visitou os colexios de Ribadeo e Muras.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores