Noticias
3 de maio de 2017
A Mancomunidade da Mariña Lucense levará a pleno o patrocinio del Pescados Rubén FS

A Mancomunidade da Mariña Lucense estudará en pleno a proposta de plan de patrocinio do Pescados Rubén Burela FS para retomar a iniciativa de volver exercer como embaixador da marca da bisbarra.


Ante a presenza de representantes do club laranxa e despois dun extenso debate de alcaldes e concelleiros sobre o tema na xuntanza do 24 de abril, a Mancomunidade adquiriu o compromiso de tratar o posible patrocinio na orde do día do seguinte pleno, referendado polo presidente, Alfredo Llano, e tal e como xa formalizara en solicitude o Pescados Rubén o pasado 13 de febreiro, despois de presentar o proxecto no pleno da entidade comarcal do 8 de febreiro.


O Pescados Rubén luciu con orgullo a imaxe da Mariña Lucense por todos os pavillóns de Primeira División, masculina e feminina, durante as últimas catro tempadas. No seu obxectivo de dar continuidade á iniciativa, o club laranxa tamén está estudando dar un paso máis proxectando as singularidades de cada concello mariñán lonxe de Vista Alegre cunha ampla axenda de promoción turística en cada un dos destinos da liga.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores