Noticias
3 de maio de 2017
Maristas Valencia, rival dos Xuvenís na Copa de España

O Maristas Valencia será o rival do Pescados Rubén Burela FS para estrear a Copa de España; así se coñeceu hoxe no sorteo de emparellamentos celebrado na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.


 


O equipo de Christian Fustes, que se proclamou campión de liga do Grupo I (Galicia) o domingo, na última xornada tras impoñerse 5-4 a ED Vigo 2015, visitará a pista levantina o 13 ou 14 de maio na primeira eliminatoria da cita, na que só entran 4 equipos, por sorteo. Lauburau Ibarra e Aljúcer ElPozo serán os outros protagonitas do primeiro cruzamento da Copa.


 


No caso de saír vitoriosos, os laranxas recibirán a FC Barcelona en cuartos.


 


1ª Eliminatoria. 13 o 14 de maio


1) Lauburau Ibarra-Aljúcer ElPozo
2) Maristas Valencia-Burela


Cuartos de Final. 20 o 21 de maio


3) Gañador do partido 1-Unión África Ceutí
4) Gañador do partido 2-Barcelona
5) Segovia-Móstoles
6) Corazonistas-Gomera


Semifinais. 3 de xuño


Gañador do partido 5-Gañador do partido 3
Gañador do partido 4-Gañador do partido 6


Final. 4 de xuño


 


RESULTADOS DE BASE EN DOCMEUNTO ADXUNTO

Documentos relacionados:
229 KB
Resultados 29-30 de abril de 2017
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores