Noticias
3 de maio de 2017
O Pescados Rubén convoca eleccións para o 30 de maio

O Pescados Rubén Burela FS terá nova Xunta Directiva. Así o acordou o domingo pasado a Asemblea Extraordinaria de Socios/as, que aprobou a proposta de  convocar eleccións para o martes 30 de maio.


A comisión de garantías electorais quedou constituída por Vanessa  Prieto e Manuel Cao, como socios de menor idade e maior idade presentes na asemblea respectivamente; Auditor Rodríguez, como directivo da xunta saínte; e Fernando López, xerente do club.


O calendario electoral queda fixado do seguinte xeito:


- Presentación de candidaturas ata o sábado 20 de maio, na sede do club


- Martes 30 de maio, Asemblea Extraordinaira para votación, se procede, e proclamación da nova Xunta Directiva entre as 19.30 e as 21.30 horas (salón de conferencias de Burela)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores