Noticias
24 de marzo de 2017
A Copa Provincial, próximo reto para Xuvenil e Filial Feminino

O Pescados Rubén Burela FS Xuvenil B emprenderá esta fin de semana un novo reto despois de proclamarse campión da Liga Provincial. A Copa dará o pistoletazo de saída para o equipo de Christian Fustes visitando o Concello de Begonte na primeira xornada. No entanto, este non será o único cadro laranxa no inicio da aventura copeira; tamén se suma o Filial Feminino, desprazándose a Rábade na estrea da competición, tras unha excelente tempada con Míchel Couceiro á fronte, finalizando no ecuador clasificatorio.


“Foi un gran ano no que soubemos competir contra equipos máis físicos e con xogadores que superan os nosos en idade. É unha liga que nos serviu para rodar os xuvenís de primeiro ano de cara á vindeira tempada, que terán que xogar en nacional” valoraba Fustes así a traxectoria dos seus pupilos, coa ilusión dun novo desafío e o obxectivo de “poder conseguir o dobrete provincial”.


A escuadra de Míchel arranca a Copa tamén moi ilusionada “como un equipo máis sólido e maduro co obxectivo de chegar á fase final”. “Foi unha tempada moi positiva. Tivemos un proceso inicial de adaptación das rapazas máis novas, que responderon moi ben. O equipo deuno todo, con vitorias ante equipos destacados, aínda que talvez a inexperiencia e xuventude nos pasou factura na clasificación, perdendo puntos ante algúns da zona baixa” reflexionaba o técnico mariñán.


 


CALENDARIOS ADXUNTOS

Documentos relacionados:
506 KB
Calendario Copa Provincial Feminina 2017
499 KB
Calendario Copa Provincial Xuvenil 2017
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores