Noticias
22 de marzo de 2017
Vista Alegre, talismán doutra final de finais este venres

“A nosa afección respondeu de sobra ante Cartagena, axudounos moito en momentos delicados do partido e de novo o partido de Gran Canaria convértese noutra final, coa vantaxe de xogar na casa. Está claro que Vista Alegre vai ser a clave de conseguir sendo de Primeira” confesaba así Tomás de Dios, con toda a confianza do Pescados Rubén Burela FS depositada no apoio da Bancada Laranxa no duelo do máis difícil aínda do venres, coa visita do Gran Canaria (Xornada 25, 21.00 horas, ENTRADA GRATUITA).


“Quereriamos chegar a esta cita por diante de Canarias, pero temos que asumir a situación; estamos a 2 puntos, pero estamos na casa, coa nosa afección” explicaba o adestrador laranxa tras o desenlace amargo en Jumilla con 5-4 en contra no último segundo, facendo borrón e conta nova: “Na nosa situación e cun desenlace como o do sábado a depresión deportiva só pode durar ata o domingo. Comezamos a semana levantando de novo o machado de guerra; o luns tivemos unha dinámica de grupo moi positiva no adestramento, onde todos nos concienciamos da importancia desta nova final e de que dependemos de nós mesmos”.


“É o momento de demostrar a nosa mellora” advertía o técnico laranxa, dando á defensa o protagonismo da vitoria: “O equipo que mellor defenda vai levar os tres puntos; niso estamos traballando. Estamos dominando as inferioridades, estamos facendo cada vez mellor as defensas altas; somos máis disciplinados e tacticamente en defensa melloramos”.


O Pescados Rubén verase as caras cun equipo “con xogadores individualmente moi cualificados, moi técnicos, de moitas situacións de un contra un”. “Nós contrarrestaremos esa fortaleza con organización defensiva, as coberturas e os dominios do espazo” adiantaba De Dios.



Entrada gratuita


Vista Alegre abrirá as súas portas de forma totalmente gratuíta para todos os públicos. Os espectadores entrarán no sorteo de 2 camisetas burelistas; os ganadores coñeceranse durante o descanso, que tamén acollerá un xogo de lanzamentos a portería do Centro Comercial Aberto Burela con ata 300 € como premio. Como vén sendo habitual nas últimas citas, con cada consumición, os clientes da cafetería do pavillón terán un bocadillo de chourizo gratis.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores