Noticias
30 de setembro de 2016
Palma, primeiro finalista do Torneo Burela Bonita
O Palma pelexará mañá polo título do Burela Bonita logo de impoñerse ao todopoderoso Movistar Inter FS na rolda de penaltis. Vista Alegre foi testemuña esta tarde dunha intensa primeira semifinal, moi rifada, que se decidiu nos penaltis despois do 3-3 no tempo regulamentario.

Tomaron a batuta os insulares nunha cita na que reinou o espectáculo e a emoción, con protagonismo nas dúas metas. Diego Favero deulle ao Palma a primeira vantaxe no minuto 11, aproveitando un rexeite, e Joselito asinou o 0-2 no 15. A falta de de 30 segundos para a bucina Darlan inaugurou para o Movistar esperando pegado ao pau desde balón parado de Ortiz.

Os de Jesús Velasco regresaron á pista intentando corrixir a falta de acerto no primeiro período, cunha boa presión, sen armas desde o Palma nos primeiros compases, aínda que co paso dos minutos a cita volveu equilibrarse. No minuto 28, Humberto, asistido por David Pazos, rubricou o empate. Superado o ecuador da segunda parte, no 33, Álex evitou o que podería ser a vitoria dos insulares nun corpo a corpo con Carlitos apoiado en Paradynski, que foi o encargado de facer realidade o 2-3 catro minutos despois. Viviu Movistar os últimos dous minutos e medio con Daniel abandeirando o xogo de cinco. Tras unha tentativa de Barrón a porta baleira, Darlan subiu o 3-3, a falta de 37 segundos, e chegou o tempo dos penaltis.

O erro do propio Darlan, cun balón que se foi moi alto, afastou os madrileños da loita polo Burela Bonita.



Ficha técnica

Movistar Inter FS: Álex, Humberto, Lolo, Taffy, Darlan, cinco inicial; tamén xogaron Daniel, Pola, Rivillos, Carlos Ortiz, Raya, David Pazos

Palma Futsal: C. Barrón, Vadillo, Joselito, Diego Favero, Paradynski, cinco inicial; tamén xogaron Carlitos, Eloy Rojas, Maico, Tomaz, Lolo Suazo

Goles: 0-1, minuto 13, Diego Favero; 0-2, minuto 15, Joselito; 1-2, minuto 19, Darlan; 2-2, minuto 28, Humberto; 2-3, minuto 37, Paradynski; 3-3, minuto 39, Darlan. Penaltis (Darlan 0-0, Vadillo 0-1, Daniel 1-1, Favero 1-2, Lolo 2-2, Carlitos 2-3).

Árbitros: Amor Vizoso (Ferrol) // Manteiga Rodríguez (A Coruña). Por Palma amarela a Eloy Rojas

Incidencias: Primeira semifinal do Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita disputada en Vista Alegre ante 500 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores