Noticias
28 de setembro de 2016
A Vosa Ilusión, a Nosa Forza

Baixo o lema ‘A vosa Ilusión, a nosa Forza’, o Pescados Rubén Burela FS estreou esta semana o spot da campaña de socios/as 2016-17, co privilexio de contar no seu elenco de actores con alumnado da base laranxa e xogadores/as mariñáns de Primeira División. Xunto a Yago Ares, David Gomes, Ester Riveira, Jorge Neira e Iago López, tamén participan no vídeo Silvia, Paula, Hélder, Renato, Iago Míguez e Carlitos, ademais  Dany, Matamoros e Daniel Ibañes.


 


SPOT CAMPAÑA DE SOCIOS 2016-17



Halcón Viajes. A axencia Halcón Viajes de Burela (Arcadio Pardiñas, 70,  982 04 10 26) patrocina esta tempada os carnés laranxas, con atractivos descontos e promocións para os socios do Pescados Rubén-Burela FS. Todos os interesados en abonarse poden darse de alta na sede do club (Horario de atención ao público: De luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas).


Tarifas de socios/as para 2016-17


Individual: 85 euros
Familiar: 145 euros
Xubilado: 60 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 30 euros
Abono 17 (de 0 a 17 anos): 10 euros

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores