Noticias
26 de setembro de 2016
Pescados Rubén-Burela FS, denominación del club naranja en 2016-17

O CD Burela FS Pescados Rubén cambia de denominación e a partir de agora competirá como Pescados Rubén-Burela FS, como recoñecemento da entidade laranxa ao fiel e sólido compromiso do patrocinador principal desde o nacemento do club mariñán.


A evolución e crecemento do fútbol sala laranxa ao longo dos seus 15 anos de historia non se poderían entender sen o respaldo vital da empresa focega Pescados Rubén SL (www.pescadosruben.com), que desde 2001 reforzou o seu apoio ao club tempada tras tempada e converteuse nun motor primordial para a viabilidade da entidade, como único club de España con equipos masculino e feminino en Primeira División, e nun dos principais responsables dos seus éxitos co título de Liga Primeira RFEF 2012-13 e 2015-16, Copa de España 2013 e Supercopa de España 2015, ademais de históricas participacións en Copa de España Cidade Real 2015 e Guadalaxara 2016 en Primeira LNFS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores