Noticias
2 de setembro de 2016
O Burela Pescados Rubén non se rende e buscará dar a sorpresa na Supercopa
Vista Alegre determinará o campión da Supercopa de España 2016, competición que ten como protagonistas ao Burela Pescados Rubén e ao Futsi Atlético Féminas como vixentes campións de Liga e Copa de España, respectivamente. A escuadra burelesa defende a súa coroa ante un conxunto madrileño que chega ao feudo laranxa cunha renda de 3-1 adquirida no choque de ida.
O sábado día 3 de setembro, a partir das 20.00 horas, Vista Alegre regresa á competición oficial con ganas de dar a sorpresa ante un rival que chega co favoritismo do resultado de ida e o seu potencial como equipo. Pola súa banda, o Burela Pescados Rubén preséntase nesta competición co obxectivo de avanzar na súa formación e sen descartar a sorpresa. As burelistas xa demostraron en La Estación que o seu espírito competitivo pode poñer en serios apretos ás colchoneiras.

Dany, autora do gol na cancha atlética, confía plenamente en que a remontada “é posible, elas son favoritas pero estamos traballando ben e o fútbol sala permite moitas sorpresas. Xa gañei moitos partidos que non esperaba. Os partidos hai que xogalos”. Na mesma liña manifestouse a tamén brasileira Jozi indicando que “temos a ilusión de gañar e tralo bo traballo do partido de ida temos as nosas posibilidades” remarcando que “non nos rendemos nunca, sabemos que é difícil porque elas teñen un xogadoras que saben manexar o tempo do partido e nós temos xente nova que apenas teñen minutos en División de Honra, pero imos intentalo”.

Convocatorias
CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Dany 6. Silvia 9.Sabela 10.Lara 11. Helena 13. Nerea 14. Bea Mateos 15. Judith 17. Sofía 19. Paula 26. Elvira

Futsi Atlético Féminas: 1. M. Brasil 3. Desy Godoy 4. Marta Pelegrín 5. Ariane 7. Lety 8. María Sanz 9. Ju Delgado 10. Ame Romeu 11. Faby 12. Mali 13. Ronsel 14. Nere Moldes.

Entradas. A taquilla de Vista Alegre abrirase ás 19.00 horas e o prezo das entradas para socios adultos é de 1 euro, mentres que os non socios deberán abonar 2 euros. Os menores de idade terán acceso gratuito. Carnés de socio. Os socios burelistas poderán retirar o seu abono en taquilla.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores