Noticias
25 de agosto de 2016
Xuvenís e Cadetes rumbo ao I Torneo Valladolid Ciudad del Deporte
Xuvenís Pretempada 2016-17 Cadetes Pretempada 2016-17

Os equipos xuvenil e cadete do CD Burela FS Pescados Rubén participarán esta fin de semana no I Torneo Nacional de Fútbol Sala Valladolid Ciudad del Deporte (27-28 de agosto) como primeira cita do novo curso.


Tras realizar os respectivos recoñecementos médicos, os conxuntos que dirixen Christian Fustes e Mario Pillado adiantaron o inicio dos adestramentos con motivo do compromiso organizado polo CD Tierno Galván. En cadetes, os laranxas compartirán o Grupo B con Salamanca, Laguna e Ciudad de Nara B; o Grupo A estará composto polo anfitrión, San Cristóbal, Tres Columnas e Ciudad de Nara A. En xuvenís, os mariñáns mediranse a Salamanca, Valladolid e Rivas Futsal no B; Tierno Galván, Coyanza, Las Rozas Boadilla e Ciudad de Nara estruturarán o A.

Documentos relacionados:
109 KB
Calendario Cadete Valladolid 2016
109 KB
Calendario Xuvenil Valladolid 2016
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores