Noticias
16 de agosto de 2016
As internacionais brasileiras Cilene Pereira e Rarine Betim, reforzos nas filas laranxas

O CD Burela FS Pescados Rubén contará cos reforzos das internacionais brasileiras Cilene Pereira Paranhos e Rarine Cristina dos Santos Betim en 2016-17.


A peche Cilene Pereira, de 32 anos e habitual do combinado ‘canarinho’ desde 2005, foi recoñecida como Mellor Xogadora do Mundo en 2008. A moza ala Rarine Betim, de 21 anos e procedente do Telêmaco Borba Agricopel, debutou coa selección aos 18; no seu palmarés destaca o título de campioa Paranaense Sub 17 e Sub 20, dos Jogos Abertos do Paraná Adulto e dos Jogos da Juventude -Série A- en 2012, ademais de subcampioa coa Selección Paranaense en 2011 e subcampioa Brasileira Sub 20 en 2013.


As novas caras burelistas incorporaranse ao traballo do equipo de Lucas e Julio Delgago en canto o permitan os trámites burocráticos e serán presentadas oficialmente.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores