Noticias
9 de agosto de 2016
Bea Mateos: 'Se o equipo se une e está ben traballado non haberá problemas'

Beatriz Mateos Galache (Salamanca, 1987) cumprirá a súa cuarta tempada de laranxa en 2016-17. A ala-peche, que formalizou a súa continuidade xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo Luis A. Guillén, arrancou a pretempada ayer co resto do cadro. “Sempre hai cambios e se o grupo se une ben e está ben traballado non ten por qué haber problemas; ao final ninguén é superimportante”, explicaba a 14 mariñá.


Bea Mateos xa estaba ansiosa por que o esférico volvese rodar. “Tiña ganas de empezar, de coñecer o bloque, o equipo, de tocar o balón” explicaba a salmantina, que non dubidou nin un só momento en seguir co proxecto de Pescados Rubén: “A miña primeira opción era Burela; tiven chamadas doutros equipos pero non pensei en ningún momento en irme”.


Por diante queda una pretempada intensa para regresar á competición cun Burela FS que volverá vivir sobre a pista da mellor forma que sabe, con dedicación e esforzo absolutos. “Cambian moitas cousas, pero asumo o reto con moita ilusión e para diante. Vou dar o mellor de min, intentar facelo todo por este club e para que o equipo quede o máis arriba posible” puntualizaba a xogadora.


“Bea é unha xogadora moi importante para o equipo e para nós é un pracer que continúe defendendo o proxecto laranxa nesta nova etapa como un dos estandarte do vestiario” aseguraba o presidente, Manuel Blanco.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores