Noticias
6 de agosto de 2016
Paula volta á casa
“Estou moi contenta de volver á casa, despois dun ano fóra moi bo tanto persoal como futbolisticamente” recoñecía a moza Paula Cortiñas (Cervo, 1996), que estivo acompañada polo presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o directivo Marcelino Luna, no seu acto de presentación como nova xogadora laranxa para 2016-17, despois dunha tempada no Rioja FSF. “Para nós é un orgullo volver contar cunha xogadora da casa, unha firme aposta de presente e futuro polo fútbol sala”, admitían os dirixentes da entidade. “Volvo un pouco máis madura na pista e fóra; foi un ano moi bo. Xoguei todos os partidos, excepto cando tiven a lesión de xeonllo, participando con moitos minutos. Espero que siga sendo así, seguir mellorando e axudar o equipo en todo que sexa posible” así se definía a “nova” Paula, contando as horas para o inminente comezo de pretempada e pensando nos primeiros compromisos: “Estou desexando empezar xa, con moitas ganas e dalo todo de min. Tiven a oportunidade de disputar minutos na primeira Supercopa que disputou o equipo pero o ano pasado xa non estaba”. Paula, que viviu con “envexa sa” o dobrete burelista 2015-16, xa pensa con emoción en volver pisar o Vista Alegre de laranxa: “Co Rioja non puiden xogar aquí –pola lesión- o ano pasado e deume moita pena. Estou desexando vivir de novo o ambiente de Vista Alegre, coa afección e poder darlle as máximas alegrías posibles” concluía a cervense asegurando que “imos dar todo o que estea nos nosos pés para facelo o mellor posible”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores