Noticias
3 de agosto de 2016
O catalán Joan Miñano, reforzo na meta laranxa

Joan Miñano Jiménez (Santa Coloma de Gramanet, 1993) defenderá a meta laranxa en 2016-17. O catalán, procedente do FC Barcelona Alusport, de Segunda División, e formado na base do Marfil Santa Coloma, chega a A Mariña para compartir responsabilidades con Álex Pérez e como reforzo ante a lesión de xeonllo do veterano Edu.


“É a primeira vez que saio da casa, empezo unha nova etapa con ganas e ilusión de xogar en Primeira; estou moi agradecido a Burela FS por darme esta oportunidade” declaraba o porteiro, que será presentado oficialmente nos próximos días.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores