Noticias
21 de xuño de 2016
Esplendor Laranxa en Sarria

A base laranxa brillou a fin de semana pasada no Torneo de Fútbol Sala Base Os Meigallos de Sarria, con podio en todas as categorías.


O Cadete A alzouse co título de campión tras impoñerse na gran final ao anfitrión 2-0. Benxamíns e alevíns remataron subcampións superando os conxuntos sarriaos e os infantís tamén se fixeron coa Prata fronte ao Carnero Team, de Monforte. Pola súa banda, o Cadete B quedou na terceira praza.


No apartado individual, Jorge Neira e Luismi Nieto foron recoñecidos como  Mellor Porteiro en Benxamíns e Cadetes respectivamente. O galardón de Mellor Xogador recaeu nas categorías Infantil, para Víctor Rodríguez, e Cadete, para Edmilson Monteiro. O toque goleador destacou en Cadetes, con  empate a 7 tantos, para Adilson Varela e Aarón Artime.


Amigable Prebenxamín


O conxunto burelista viviu unha animada mañá do sábado cun encontro de goles no que os da casa sucumbiron 2-9 á SD Narcea.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores