Noticias
27 de maio de 2016
Vista Alegre despide a liga a dous pasiños para o gran soño (18.00 horas, sábado 28)

Vista Alegre despedirá a liga mañá, na penúltima xornada, con entrada gratuíta para a festa irmandiña, a tan só dous pasiños do gran soño. Todo está preparado; ás 18.00 horas (media hora antes do habitual, por horario unificado de Primeira RFEF), a escuadra mariñá saltará á pista para defender o Cumio Laranxa (77 puntos) fronte ao Valdetires Ferrol FSF, que pelexará nesta recta final pola salvación da categoría. A cita poderá seguirse en directo por streaming.


“Ao aliciente que sempre teñen os derbis súmase a motivación extra polo que está en xogo. Estamos en extremos opostos na clasificación, pero os dous nos xogamos moito neste partido” advertía o técnico mariñán, Iván Cao ‘Lucas’ apelando á paciencia como aliada para recoller a décimo sétima vitoria consecutiva e chegar á última xornada co liderado na man. “Oxalá sexa un enfrontamento coma o da primeira volta, con 1-6 para nós. Teremos que fuxir do nerviosismo e da ansiedade cun rival que nos esperará en media pista e se intentará beneficiar dos nosos erros” explicaba Lucas, destacando a Erika e Lidia como os cimentos das ferrolás.


Cun punto por debaixo das laranxas, o Atlético de Madrid Navalcarnero pelexará á mesma hora na pista do Gironella, undécimo clasificado.


CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 25. Silvia Rubal, 31. Eva


Recoñecemento ao Futuro Laranxa. Antes do asubío inicial Vista Alegre renderá homenaxe a tres equipos da ED Burela FS, o Benxamín, subcampión de Liga Comarcal e campión Provincial; Cadete B, campión de Liga Comarcal e Provincial; e Cadete A, campión de Liga Autonómica.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores